Ser a única promoción de vivenda nova e o compoñente innovador do proceso constructivo, claves do éxito de Casas do Amilladoiro, en opinión dos expertos de Foro Consultores

En Galisim, gústanos traballar con profesionais de gran experiencia. Por iso, confiamos a comercialización das nosas vivendas a Foro Consultores Inmobiliarios, a empresa comercializadora de vivendas máis importante de España. Con sede central en Madrid, conta con dúas oficinas en Galicia, localizadas en Vigo e A Coruña.

Como credenciais, basta sinalar que Foro Consultores leva dúas décadas no mercado. Gran parte dese periodo, comercializando vivendas para as máis grandes promotoras de España, cotizadas no IBEX. Despois, aló polo ano 2008, cando a crise empezou a amosar a súa faciana máis preocupante, deron un golpe de timón a tempo e reorientaron os seus servizos cara o novo escenario, “asesorando ás entidades financeiras que naquel momento se fixeron cun gran activo de vivendas pero descoñecían o sector inmobiliario, polo que eran grandes tributarias do noso coñecemento de asesoría e comercialización inmobiliaria”. Así resume Luis Conde, director da delegación de Galicia e Asturias de Foro Consultores, o pasado recente da traxectoria da compañía.

Despois, a partir do ano 2014, voltou reaparecer no escenario o promotor profesional do sector, o operador privado que de novo ve oportunidades de negocio, concibidas cun criterio estrictamente profesional. Dende entón, segundo nos explica Conde, “o sector está nun proceso de melloría lento, pero continuado, tanto que este ano podemos decir que o crecemento é xa evidente”.

Por poñer números á recuperación, Foro Consultores comercializou en Galicia en 2013 preto de 500 vivendas. E no que vai de 2015 xa ten superado as 800 vivendas. É decir, en tan só dous anos vaise producir un crecemento do 100% da venda inmobiliaria na comunidade.

E nese contexto económico de reactivación do proceso de compra, Casas do Amilladoiro puxo en mans de Foro Consultores a comercialización das súas vivendas, un proxecto que foi asumido “polo seu gran atractivo”, en palabras de Luis Conde, que explica para o noso blog as razóns deses alicientes da promoción.

Cales son os factores que fan tan atractiva, na súa opinión de experto, a promoción Casas do Amilladoiro?

Realmente é un proxecto constructivo moi atraínte dende dous puntos de vista. Por unha banda, porque no Milladoiro non hai stock de vivenda de obra nova e, por outra, porque incorpora un importante compoñente innovador, no que priman a calidade dos materiais e a tecnoloxía como valores diferenciais.

Cómo é o perfil da demanda de Casas do Amilladoiro?

O Milladoiro é unha cidade dormitorio, pero con grandísimos servizos e infraestruturas. Polo cal, convírtese nun lugar ideal de residencia para dous grandes grupos, por un lado, para familias con fillos que queren optar a unha casa de 3 dormitorios a un prezo razonable, e por outro, para parellas novas que inician a súa vida en común e buscan vivendas novas, confortables, de 2 dormitorios. E, por fortuna, Casas do Amilladoiro da resposta a ese dobre perfil de demanda, unha resposta moi ben valorada, a xulgar polo ritmo de visitas á oficina de vendas e reservas de vivendas.

Cómo vai este ritmo de visitas e consultas á oficina de vendas?

Pois na oficina de vendas trabállase a velocidade de cruceiro. Como comentabamos antes, o entorno é moito máis optimista que hai uns anos, os bancos empezan a facilitar de novo hipotecas e, como resultado dese novo escenario económico e social, recibimos cada vez máis visitas, estamos aproxidamente nun cento ao mes. Ademais, hoxe en día as novas tecnoloxías permiten que a xente teña xa comparado e pensado a vivenda que quere, polo que as persoas que nos visitan teñen a idea xa moi madurada e a decisión de compra representa unha porcentaxe moi significativa.

E cantas vivendas hai xa reservadas ou vendidas?

Pois xa está vendido o 50% do primeiro portal, de xeito que xa temos a mitade da comunidade de propietarios.

.

 

 

 

Comentar