O número de hipotecas constituidas sobre vivendas inscritas nos rexistros da propiedade situouse en 25.413 o pasado mes de novembro, o que representa un 32,2% superior sobre o mesmo mes de 2015, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Con esta subida interanual en novembro, a sinatura de hipotecas encadena catro meses de ascensos consecutivos tras repuntar un 6,4% en agosto, un 10% en setembro e un 16,8% en outubro.

O importe medio das hipotecas constituidas sobre vivendas foi en novembro de 109.785 euros, un 1,8% máis que o mesmo mes de 2015, mentres que o capital prestado subiu un 34,5% en taxa interanual, ata superar os 2.789 millóns de euros.
En taxa mensual (novembro de 2016 sobre outubro do mesmo ano), as hipotecas sobre viviendas incrementaronse un 12,5%, o seu maior repunte dos últimos cinco anos, mentres que o capital prestado subiu un 12,3%, rexistrando tamén o seu maior aumento dos últimos cinco anos.
Nos once primeiros meses do ano pasado, a sinatura de hipotecas sobre vivendas acumulaba un repunte do 14,6%, con incrementos do 17,8% no capital prestado e do 2,8% no importe medio.

Comentar