Hoxe facemos unha visita ás obras para ver como van progresando e compartir neste espazo virtual algúns dos avances máis vistosos. E a verdade é que van vento en popa. O primeiro que chama a atención é que xa se intúe a calidez das vivendas. Hai estancias que empezan a parecerse ao que vai ser en outubro un fogar, porque estamos na fase de instalar elementos que reportan moita calidez, como son as portas.

O equipo de carpinteiros, están traballando estes días a tope na instalación das portas e dos armarios empotrados. En moitas das vivendas xa están colocadas as portas de acceso á casa. Son blindadas, de madeira de carballo con chapas de cinc, pechadura de seguridade de tres puntos e bisagras antipalanca, coas mellores prestacións de seguridade. As portas interiores son lisas e da mesma madeira. E os armarios empotrados levan portas lisas de madeira de carballo, forrado interior, caixons, baldas e colgador. Cómodos, con gran capacidade de organización e almacenamento.

 

Toda a carpintería das vivendas está fabricada por Maderas Ramos, unha empresa galega con sede no Polígono do Tambre, especializada en portas, tarimas e revestimentos, con máis de tres décadas de traxectoria http://maderasramos.es/

A madeira é un deses materiais que axuda a crear atmosfera de fogar. E iso é o que mellor sabemos facer en Casangular: crear fogares. Desde esta perspectiva, os clientes de CasasdoAmilladorio valoran moito ter a posibilidade de poder personalizar en obra, adaptar a casa ao seu gusto e ás súas necesidades, dentro do que técnicamente é posible e sempre respectando o interese xeral. Por exemplo, tiveron a oportunidade de personalizar tarima, carpintería interior, adaptar a cociña ou elexir o moble do baño en cor branca, wengé ou cinza.

Hoxe puxemos a mirada na carpintería. Pero pronto, falaremos dos baños, que están empezando a quedar chulísimos. Na medida que avanzan as obras, a transformación de vivenda a fogar é máis evidente. Pero nada será igual ata que cada familia ocupe o seu piso e viva a plenitude de instalarse nun espazo que, por primeira vez, se convertirá nun fogar.

É o privilexio de estrenar unha casa.

Comentar