Agora que Casangular está a piques de entregar as vivendas de Casas do Amilladoiro, das que xa está vendido o 75%, vai desenvolver durante este mes de outubro un proceso de revisión individualizado de cada unha das casas, unha vez rematadas as obras, no que participarán responsables da empresa promotora e os compradores de cada casa. O obxectivo destas visitas é que os compradores teñan a oportunidade de supervisar todas as estancias e equipamentos e comprobar que están en perfecto estado.


Deste xeito, Casangular quere garantir a entrega de cada vivenda a cada propietario en condicións óptimas, antes de proceder a escriturala, e evitar as molestias que poderían derivarse dalgunha posible incidencia que agora pasase inadvertida.


Esta iniciativa está enmarcada na estratexia de calidade e atención ao cliente de Casangular, que acredita así o seu compromiso co traballo ben feito e coa súa filosofía de construír vivendas a conciencia, coa profesionalidade que a obra require en cada unha das súas fases.
O obxectivo da promotora é velar pola calidade da edificación, un criterio que ten estado presente dende o inicio das obras e que quere estar presente tamén nesta fase final, facilitando aos compradores este chequeo de control, antes do trámite da entrega da súa vivenda.


Un valor diferencial de Casangular.

Comentar