Como nos gusta vivir en Milladoiro. Nos últimos anos este núcleo urbano de Ames medrou considerablemente. O último censo oficial ofrecido polo Instituto Nacional de Estatística cifra en 30.267 aos habitantes de Ames. Aínda que dende o Concello a cifra é de 30.764 xa que se ten en conta a información interna con datos a 31 de decembro de 2015. Non cabe dúbida de que somos un dos municipios que máis medra de toda Galicia, cun elevado número de nacementos e cun rango de idade que vai dos 20 aos 39 anos.

Esta porcentaxe de xente nova é o que nos impulsa a Casas do Amilladoiro a construír aquí. Dos amienses contabilizados, unha terceira parte, aproximadamente, vive en urbanizacións e zonas rurais. O resto repártense entre outros núcleos e Milladoiro, onde son xa 12.605 as persoas que escolleron este rincón pegado a Compostela para vivir.

As nosas vivendas van a bo ritmo, igual que a bo ritmo medran os servicios en Milladoiro. Cunha poboación tan nova é importante saber que se dispón dunha ampla oferta en parques infantiles. Ás cinco áreas de xogo para os máis pequechos únense nunha morea de metros cadrados en zonas verdes. Áreas de recreo modernas, e o que é máis importante, adaptadas á normativa europea. Ademáis, está prevista a apertura dun parque que fomente a integración dos nenos e nenas con diversidade funcional.  ¡Que tranquilidade da saber que os nosos fillos xogan seguros!

Os parques infantís de Milladoiro están sometidos a unha serie de medidas de seguridade tanto nos equipos (balancíns, tobogáns, columpios, etc.) como nas instalacións (acceso, sinalización...). Ademáis, diariamente realízase a súa limpeza.

Ir ao parque a xogar é un dos mellores agasallos que lle podes ofrecer a un neno, e ter unha oferta ampla o carón da casa é un luxo. A qué esperas a vivir no Milladoiro? Construímos soños.

 

Comentar