O director de Casangular, acompañado polo constructor e o arquitecto de Casas do Amilladoiro, celebrou esta mañá unha xuntanza co director comercial e o xefe técnico de asistencia de Ferroli para o noroeste peninsular, ao obxecto de solucionar definitivamente os desaxustes producidos no funcionamento das caldeiras, prescritas e colocadas correctamente. Os responsables de Ferroli expresaron nesta xuntanza a súa plena disposición a poñer os medios técnicos para a correcta regulación das caldeiras ata asegurar o seu axeitado rendimento.

As caldeiras instaladas son de Ferroli, un fabricante de longa traxectoria e recoñecemento internacional e de ampla implantación e distribución en Galicia, que cumpre estrictamente coa normativa tanto nacional como autonómica. O propio fabricante Ferroli incorpora nestas caldeiras un “accesorio opcional solar” consistente nunha plantilla hidráulica con válvula mezcladora termostática incorporada.

Desde o primeiro momento no que se tivo coñecemento desta incidencia e ao obxecto
de subsanala á maior brevidade, Casangular solicitou a Ferroli a presenza dun equipo de técnicos da compañía que nos últimos días está xa a traballar intensivamente para correxir individualmente en cada unha das caldeiras as actuais oscilacións da temperatura da auga. De feito, o grupo de caldeiras que foron sometidas ás útlimas regulacións realizadas ao longo da semana pasada quedaron nunha situación de funcionamento satisfactoria.

O director de Casangular reunirase o vindeiro luns, día 13 de marzo, coa presidenta da comunidade de propietarios para trasladarlle información completa sobre as últimas xestións efectuadas, dirixidas a subsanar estas incidencias detectadas.
Por outra banda, Casangular ven de presentar unha reclamación ante Gas Natural Fenosa para axilizar o proceso de legalización ante Industria do transformador do edificio número 13, aínda pendente desta tramitación. Entre tanto, os propietarios de vivendas dese portal están a consumir electricidade de obra, unha medida adoptada por Casangular, cuxo custo asume, para garantir o servizo ata que Fenosa solucione os trámites pertinentes.

Comentar