Se estás pensando en iniciar un novo negocio ou necesitas un local para desenvolver a túa actividade profesional, é probable que teñas dúbidas entre comprar ou alugar o local. Sexa cal sexa a túa preferencia, facilitámosche a túa decisión, para que poidas optar entre seis locais de distinta superficie, en venda directa ou en aluguer con opción a compra.

Casas do Amilladoiro dispón de seis baixos comerciais, cunha superficie útil que vai dos 60 aos 80m2, diáfana e versátil, para adaptarse a un amplo abano de usos.
Polas súas características, luminosidade e localización a pé de rúa, na mellor zona do Milladoiro e a un paso de Compostela, son locais ideais para o exercicio dunha actividade profesional, con múltiples posibilidades funcionais e decorativas.

Amais, tanto para a compra destinada ao seu uso directo, como para poñelos en aluguer, os locais comerciais son o investimento inmobiliario máis atractivo, segundo un recente estudo do portal Idealista, que situa a rendibilidade bruta do aluguer de locais no 8,3% durante o primeiro trimestre deste ano.
Neste contexto tan positivo, os baixos comerciais de Casas do Amilladoiro resultan tamén un produto inmobiliario interesante para inversores, tendo en conta a súa rendibilidade en alza.

Comentar