“Deseño contemporáneo, moderno pero sobrio, con especial atención ás solucións térmicas e acústicas”, así define 2C ARQUITECTOS as nosas vivendas

O estudo 2C ARQUITECTOS, de Santiago de Compostela,  é o responsable do deseño arquitectónico das vivendas de Casas do Amilladoiro. Acumula unha longa experiencia profesional, da que hai pegadas en numerosos edificios e intervencións urbanas na capital de Galicia e noutras localidades da comunidade. As intervencións na rúa do Sar para o Consorcio de Santiago ou a reforma do envolvente do hospital provincial de Conxo, con criterios de modernización e sostibilidade, son algúns dos proxectos asinados por 2C na cidade. Tamén teñen a autoría arquitectónica do IES do Milladoiro, que gañaron por concurso, e máis dunha decena de traballos na Ría de Arousa. Entre os máis representativos, o mercado de Ribeira, a lonxa ou a estación marítima de Vilanova, que recibíu dúas mencións especiais nos premios Egurtek 2014 nas categorías de Edificación e  Madeira local e foi seleccionada nos premiosEnor do pasado ano.

2C ARQUITECTOS son Silvia Diz e Angel Cid. Con el falamos nesta entrevista dos criterios cos que o estudo deseñou as vivendas de Casas do Amilladoiro.

Cales son as características diferenciais destas vivendas dende o punto de vista arquitectónico?

No estudo afrontamos o proxecto cos criterios de máximo rigor e máxima seguridade, co obxectivo de dar satisfacción a un amplo abano de realidades, porque a demanda é moi heteroxénea nunha promoción de 48 vivendas. E todo, con moita profesionalidade, coa mellor calidade, asegurando un bo produto no entorno no que estamos. O principal reto que nos plantexamos cando asumimos o proxecto foi dar satisfacción a unha demanda moi diversa e tratar ata os máis mínimos detalles cun criterio de calidade, para que todo luza, ata o que no se ve.

Ás veces, en arquitectura, o esencial é invisible aos ollos. Por exemplo, detalles de solucións térmicas ou acústicas que para 2C son primordiais. Por qué dan tampa importancia a eses aspectos?

É certo que temos especial coidado cos temas acústicos e térmicos, coa adopción de solucións que garantan a eficiencia enerxética das vivendas, evitando pontes térmicas, porque aínda que son cousas que pasan desapercibidas á vista, se non están ben resoltas en orixe logo se sofren as consecuencias. Somos moi esixentes con cousas que non se ven. A nós impórtanos tanto o que se ve como o que non se ve, porque entendemos que é a forma de asegurar a calidade e o confort de vida que agardan as persoas que compran as nosas vivendas.

E todo isto é posible porque tanto o desenvolvemento do proxecto como o seguemento da obra faise por un equipo moi experimentado e solvente de arquitectos, enxeñeiros e aparelladores. Neste caso, a isto engádese a experiencia e profesionalidade do constructor Vicente García Porto, o que nos permite acreditar a calidade do produto construido.

E pasando agora ao que se ve, como define a arquitectura de Casas do Amilladoiro?

É un deseño arquitectónico de linguaxe moi contemporánea, moderno pero sobrio. Posiblemente, unha das maiores singularidades e puntos diferenciais de Casas do Amilladoiro radica na importancia que lle damos ás zonas comúns. Por exemplo, o salón social que incluimos, seguindo un modelo moi habitual nos países nórdicos. Un espazo pensado como complemento da propia vivenda, para desafogo das familias, que poden organizar e celebrar nel as súas festas, reunións de comunidade, cumpreanos dos máis pequenos ou calquera ocasión para ver un evento deportivo.

Cremos que, ben xestionado pola comunidade, este é un recurso estupendo, diferencial, que moita xente bota de menos nas súas actuais vivendas. Por iso, é un valor engadido que nós quixemos primar en Casas do Amilladoiro.

 

Comentar