Que terá o recendo das casas novas que tanto nos cautiva, verdade? Abrir a porta e deixarse envolver polo recendo da pintura recente, da madeira, dos barnices… unha emoción que estes días estamos compartindo con todos e cada un dos compradores durante as visitas programadas a cada vivenda, previas á súa entrega. O obxectivo de Casangular é solucionar calquera cuestión que pasase inadvertida ao control de calidade da empresa ou non sexa do gusto do cliente e que, baixo supervisión da Dirección Facultativa, será obxecto de reparación ou repaso antes da entrega da vivenda.

En definitiva, Casangular quere dar un servizo de atención personalizado a cada un dos clientes, acompañándolles a visitar cada unha das súas casas, facilitando a oportunidade de supervisar todas as estancias e equipamentos e comprobar que están en perfecto estado antes de escriturar. E, sobre todo, quere evitar as molestias que poderían producirse ante posibles incidencias que agora pasasen inadvertidas. En calquera caso, este chequeo de control non impide que unha vez ocupada a vivenda se poida reclamar calquera outra avaría ou problema que xurda, que estea suxeito á garantía que ofrece a Lei de Ordenación da Edificación (LOE).

Os compradores valoran moi positivamente este servizo diferencial de Casangular. Durante as visitas, que de forma intensiva se están realizando estes días, hai coincidencia xeralizada en recoñecer o valor práctico desta iniciativa. Fran, un mozo de Ribeira, é un exemplo deste agradecemento. Quedou encantado da visita que realizou ao seu piso agora que está todo rematado e que, por primeira vez, empeza a sentir cerca o momento de amoblar, decorar e crear ao seu gusto o seu primeiro fogar. O seu soño é atopar traballo en Santiago onde viven moitos dos seus amigos e colegas. Por iso, elexíu Milladoiro como a localización máis axeitada ás súas expectativas. A cercanía a Compostela, a boa relación calidade-prezo, as prestacións extras e a eficiencia enerxética son algunhas das razóns que axudaron a Fran a tomar a súa decisión.

Durante a visita, Fran observa, mira, comprueba… Persianas, grifos, armarios empotrados, mampara… No salón. Nos baños. Nos dormitorios. Na cociña… Abre o lavavaixelas e aínda non sae da súa sorpresa vendo que forma parte do completo equipamento de electrodomésticos co que se entregan as vivendas.

Agora Fran conta os días que faltan para dar o seu toque personal a cada estancia. A cada rincón. Como fan en cada visita o resto de propietarios de Casas do Amilladoiro.

 

Comentar