Casangular pon a disposición dos compradores dunha vivenda en Casas do Amilladoiro un servizo de atención posvenda, para aquelas cuestións que teñen que ver cos acabados e co normal funcionamento da vivenda, tal e como se comunicou onte por carta a todos os propietarios. A través duns formularios e cun procedemento definido, aténdense aquelas reparacións ou axustes que soliciten os propietarios e sexan obxecto deste servizo.

Por outra banda, Casangular está intensificando as xestións oportunas para acelerar o acceso aos subministros e á contratación das diversas instalacións do edificio coas diferentes compañías comercializadoras, e pon asemade o servizo postvenda a disposición dos propietarios para informarlles e axudarlles durante este proceso.
A contratación coas comercializadoras de teléfono, auga e gas xa é posible desde o pasado mes de decembro. En canto ao subministro de enerxía eléctrica, a compañía subministradora, Gas Natural Fenosa, facilitou o pasado 17 de xaneiro os números CUPS do portal nº 11, o que permite que os propietarios contraten xa coas compañías comercializadoras correspondentes. Os números CUPS do portal nº 13 están pendentes da legalización do transformador ante Industria, un trámite no que está traballando duramente Gas Natural Fenosa para correxir á maior brevidade esta situación.
Entre tanto, os propietarios de vivendas no portal 13 poderán seguir usando electricidade de obra con toda garantía, xa que progresivamente os propietarios do portal 11 empezarán a consumir electricidade con cargo ao contrato que xa poden asinar coas compañías comercializadoras.

 

Comentar