O equipo de profesionais de Mobles de Cociña San Fernando traballa estes días a todo ritmo na instalación do mobiliario e dos electrodomésticos nas cociñas de Casas do Amilladoiro. Sabemos que unha boa capacidade de almacenamento e unha boa distribución dos mobles son esenciais para que a cociña sexa un espazo no que poidas disfrutar preparando e compartindo os alimentos.

Pensando niso, os mobles das nosas cociñas incorporan o último en deseño, para configurar unha cociña funcional, práctica e moderna, pero tamén espaciosa. Os mobles están moi ben distribuidos, de xeito que crean unha zona cómoda e funcional de traballo e deixan espazo para unha mesa ampla e sillas, na que poder compartir eses ratos placenteiros da comida ou da cea.

A diferencia doutras promocións de vivendas, en Casangular entregamos as cociñas con todos os electrodomésticos para que dende o primeiro día a vida no teu novo fogar sexa cómoda e confortable.
As cociñas están equipadas con lavavaixelas, lavadora, frigorífico, microondas, forno, placa vitrocerámica, campana extractora e grifería monomando. Por razóns prácticas, o fregadero é dunha cubeta, unha opción que asegura unha maior superficie de traballo á hora de preparar os alimentos.

A encimeira é de cuarzo, con gran resistencia ás manchas e aos golpes, fabricada por Compac, unha das marcas de maior calidade e prestixio do mercado. www.compac.es.

Casangular entrégache a túa cociña completamente equipada, para que o día que estrenes o teu fogar ti somentes teñas que pensar con que receita vas sorprender á túa familia.

Comentar