Agora que as vacacións escolares de verán están cada vez máis preto, moitas familias empezan a planificar a mellor forma de disfrutar dese tempo de descanso. E para facilitar a conciliación e asegurar o entretemento da rapazada mentres pais e nais atenden as súas ocupacións profesionais, xa está preparado o  programa de Campamentos de Verán 2016 do Concello de Ames, cunha ampla oferta de actividades e localizacións.

Este ano pódense elixir destinos como as granxas escola Fervenzas do Toxa en Silleda, Barreiros en Sarria ou Kirico en Fornelos de Montes. Ou campamentos como o Galipark Multiaventura en Extramundi; o DiverLanhoso, preto de Braga, Portugal; e outros no parque natural do Xurés, nas Fragas do Eume ou no Grove. Unha oportunidade para practicar hípica, escalada ou kaiak; e aprender cociña, teares ou astronomía.

Esta vez a convocatoria ten varias novidades. A primeira é que se amplía o alumnado ao que se dirixe este programa, de xeito que os rapaces e rapazas que cursan estudos de bacharelato tamén poderán participar nas actividades ofertadas. E asemade amplíase o calendario de campamento cunha quenda para o mes de setembro, que estará dirixida ao alumnado de primaria e de secundaria, unha nova alternativa para que os pais e nais poidan conciliar durante setembro mentres non comeza o curso escolar.

O abano de actividades é ben interesante e as prazas ofertadas son  545. O prazo para prescribirse estará aberto do 21 de abril ata o 2 de maio.

 

Máis información:

http://www.concellodeames.gal/nova.php?noticia=13973&idioma=es&sec=32

Comentar