Casangular ven de asinar con ABanca un préstamo hipotecario sobre CasasdoAmilladoiro, que permite a todos os compradores dunha das nosas vivendas financiar a operación por subrogación, coa finalidade de mellorar as condicións do contrato.

A opción de subrogar a hipoteca ten como primeira vantaxe un sustancial aforro nos custos de escritura da mesma. Por exemplo, para unha hipoteca libre de 85.000 euros, os custos de escritura poden rondar os 3.600 euros, mentres que os custos desa mesma hipoteca, por subrogación, redúcense a uns 1.110 euros.


 

Pero ademais desta vantaxe cuantitativa, a modalidade de subrogación supón outra cualitativa moi considerable xa que se trata “dun aforro directo e instantáneo", en palabras do director da oficina de Abanca no Milladoiro, Marcos Varela, un aforro que se produce no momento máis oportuno, cando as familias teñen que afrontar numerosos gastos derivados da adquisición da súa casa.

Esta operación suporá para os compradores dunha vivenda en CasasdoAmilladoiro unhas boas condicións xerais tanto nos prazos da hipoteca como nos tipos de interese. En calquera caso, ABanca adáptase ás circunstancias de cada cliente, baixo a premisa de que as subrogacións teñen que ser aprobadas polo comité de riscos designado pola entidade.

Se queres saber máis, podes pasar pola oficina de ABanca da avenida Rosalía de Castro 16 do Milladoiro, ou falar directamente co seu director, que está á túa disposición no teléfono 981531700 e na dirección de correo electrónico mvarela@abanca.com 

Comentar