Todo está listo para escriturar as vivendas, despois de que a pasada semana a Xunta de Goberno do Concello de Ames concedese a licenza de primeira ocupación do edificio e unha vez obtidas nos prazos previstos todas as autorizacións legais para entregar ás vivendas.

O martes día 29 de novembro comezará o proceso para escriturar as casas que se efectuará na notaría de Milladoiro. O equipo de Casangular xa ten preparadas as carpetas con toda a documentación individual correspondente a cada vivenda, ao obxecto de que os propietarios teñan reunida dun éxito cómodo toda a información da súa casa. As vivendas, de dous e tres dormitorios, entréganse coas cociñas dotadas con todos os electrodomésticos, con detector de monóxido de carbono para alertar nunha situación de risco e unha manta ignífuga para complementar a seguridade no fogar.

A calidade, a eficiencia enerxética e as prestacións extra son os factores diferenciais de Casas do Amilladoiro, destacando o salón social no baixo de cada un dos edificios desta promoción, un espazo pensado como unha forma práctica e cómoda de completar a superficie dispoñible de cada vivenda.

Comentar