Sempre baixo a nosa filosofía de construír fogares, en Casangular poñemos atención a cada detalle que asegure o benestar na túa casa, tamén nos baños, esas estancias que cada vez cobran máis protagonismo nas vivendas e cuxa decoración permite incontables posibilidades. Para a túa maior comodidade, entregamos os baños completamente equipados, a falta dos accesorios, para que optes polos materiais e deseños que sexan os teus favoritos.

Como características distintivas, os baños das nosas casas incorporan grifo hixiénico con monomando, para graduar a presión e temperatura da agua que sae mentres se realiza a hixiene. Xunto a él, está o prato de ducha que entregamos con mampara de porta corredera, de aluminio pulido e cristal.

O moble do baño, que pode ser en cor branca, wengé ou cinza, está pensado para favorecer o aproveitamento do espazo. Os sanitarios son de última xeración, con inodoro de tapa automática que se pecha soa; a grifería; as duchas impermeabilizadas con Sika e o radiador toalleiro en cor branca conforman unha estancia agradable, para que o tempo no baño sexa inspirador e de benestar.

Elegante?. Divertido?. Funcional?. Sofisticado?. Sexa cal sexa o estilo que máis che guste para o teu cuarto de baño, o certo é que vas ter innumerables oportunidades decorativas para convertilo nun espazo de benestar, partindo dun criterio básico de funcionalidade xa que é unha estancia que vai ser moi frecuentada e compartida por diferentes membros da familia.

Pensando nese universo de ideas que vas ter para personalizar este espazo, as paredes dos cuartos de baño das CasasdoAmilladoiro van revestidas con plaqueta de gres de primeira calidade de cor branca, para que harmonice co mobiliario, os accesorios e os elementos decorativos que elixas.

Agora falta que lle deas o teu toque persoal, sabendo que a decoración do teu cuarto de baño vai ter un gran impacto no teu estado emocional, así que non deixes que sexa neutro nin aburrido, pensa en elementos decorativos que provoquen emocións positivas. E disfruta del cada día.

Comentar