Queremos agradecer ás decenas de persoas que o pasado sábado participaron no Encontros Amilladoiro, facendo coa súa presenza un gran éxito desta iniciativa de portas abertas, convocada por Casangular para dar a oportunidade de coñecer polo miúdo como vai a construción das novas casas. 

Unha parte das persoas que asistiron xa tiñan tomada a decisión de adquirir a súa vivenda, polo que a visita guiada foi unha excelente ocasión para comprobar materiais, espazos, instalacións, ascensores, carpintería, acristalamento… Moitas eran parellas novas, que durante a visita ás obras empezaron a pensar ilusionadas como van decorar o seu futuro fogar, a medir espazos, a imaxinar onde irá cada peza, cada moble… A pensar no sofá, nas cortinas, na tele…

Pero a maioría de asistentes era un grupo amplo de persoas que se atopan no proceso de busca para adquisición de vivenda e acudiron interesadas polas características desta promoción inmobiliaria que “é un proxecto de gran atractivo, dirixido especialmente a esas persoas que compran unha casa para vivir confortablemente nela, porque estas casas están pensadas para vivir”, segundo explicou durante a sesión Luis Conde, responsable comercial de Casangular. 


 

Despois da visita ás obras, a cita rematou compartindo un viño galego, ofrecido por Casangular nas súas oficinas en Agro do Medio. Un viño que servíu para empezar a entablar a futura relación de vecindade de parellas e familias que a partir de outubro inician a súa vida nas CasasdoAmilladoiro.

 

Comentar