Casangular pon a disposición dos compradores dunha vivenda en Casas do Amilladoiro un servizo de atención posvenda, para aquelas cuestións que teñen que ver cos acabados e co normal funcionamento da vivenda, tal e como se comunicou onte por carta a todos os propietarios. A través duns formularios e cun procedemento definido, aténdense aquelas reparacións ou axustes que soliciten os propietarios e sexan obxecto deste servizo.

Por outra banda, Casangular está intensificando as xestións oportunas para acelerar o acceso aos subministros e á contratación das diversas instalacións do edificio coas diferentes compañías comercializadoras, e pon asemade o servizo postvenda a disposición dos propietarios para informarlles e axudarlles durante este proceso.
A contratación coas comercializadoras de teléfono, auga e gas xa é posible desde o pasado mes de decembro. En canto ao subministro de enerxía eléctrica, a compañía subministradora, Gas Natural Fenosa, facilitou o pasado 17 de xaneiro os números CUPS do portal nº 11, o que permite que os propietarios contraten xa coas compañías comercializadoras correspondentes. Os números CUPS do portal nº 13 están pendentes da legalización do transformador ante Industria, un trámite no que está traballando duramente Gas Natural Fenosa para correxir á maior brevidade esta situación.
Entre tanto, os propietarios de vivendas no portal 13 poderán seguir usando electricidade de obra con toda garantía, xa que progresivamente os propietarios do portal 11 empezarán a consumir electricidade con cargo ao contrato que xa poden asinar coas compañías comercializadoras.

 

O local social xa está amoblado e listo para ser utilizado. Supón un valor engadido á propiedade, como unha forma moi práctica e cómoda de completar a superficie dispoñible de cada vivenda, cun espazo de expansión, confortable e funcional, para certas ocasións, festas, cumpreanos…
Os propietarios xa teñen á súa disposición a tarxeta de acceso ao local social, dotado con cerradura electrónica. Xunto a ela, tamén teñen dispoñibles a chave de apertura manual do portón do garaxe e a chave de acceso ao sótano desde o propio portal, tal e como lles comuniou onte departamento comercial de Casangular. As chaves poden ser recollidas na oficina de vendas, de luns a venres, en horario de 16.00 a 20.00 horas.

Asemade, en resposta á petición expresada pola comunidade de propietarios, Casangular procedeu a limpar de novo os garaxes, os portais e os distribuidores de planta dos dous edificios que, como consecuencia das mudanzas realizadas en cada piso, tiñan necesidade dun novo repaso a maiores da limpeza xeral realizada ao término das obras e antes de proceder á entrega das vivendas.

Que ganas de facer a mudanza e estrear a nova casa, verdade? Un momento que os compradores de Casas do Amilladoiro viven coa satisfacción de ver rematada a edificación cun alto estándar de calidade e numerosos detalles de funcionalidade e confort.

Recibir as chaves da túa nova casa é unha sensación moi especial. Un día co que levabas soñando moito tempo, precedido, seguro, de moitos instantes doces, pasados en familia, coa túa xente, tratando de imaxinar como vai ser esa nova vida nun espazo que por primeira vez vai ser habitado.

Nada comparable á vivencia incrible de pasar a primeira noite na túa nova casa. E agora por fin ten chegado o momento. Xa está todo preparado para entrar a vivir, para disfrutar eses instantes emocionantes e intensos, cheos de felicidade, que van ser difíciles de olvidar.

Só falta facer a mudanza e empezar a crear ambiente de fogar. Ir decorando, distribuíndo espazos e poñendo todo ao teu gusto. Cómodo. Cálido. Confortable. E o momento para facelo non pode ser máis oportuno. Por diante, o escenario de empezar o ano novo nunha casa nova.

Pode haber mellor forma de dar a benvida a 2017?

 

 

Todo está listo para escriturar as vivendas, despois de que a pasada semana a Xunta de Goberno do Concello de Ames concedese a licenza de primeira ocupación do edificio e unha vez obtidas nos prazos previstos todas as autorizacións legais para entregar ás vivendas.

O martes día 29 de novembro comezará o proceso para escriturar as casas que se efectuará na notaría de Milladoiro. O equipo de Casangular xa ten preparadas as carpetas con toda a documentación individual correspondente a cada vivenda, ao obxecto de que os propietarios teñan reunida dun éxito cómodo toda a información da súa casa. As vivendas, de dous e tres dormitorios, entréganse coas cociñas dotadas con todos os electrodomésticos, con detector de monóxido de carbono para alertar nunha situación de risco e unha manta ignífuga para complementar a seguridade no fogar.

A calidade, a eficiencia enerxética e as prestacións extra son os factores diferenciais de Casas do Amilladoiro, destacando o salón social no baixo de cada un dos edificios desta promoción, un espazo pensado como unha forma práctica e cómoda de completar a superficie dispoñible de cada vivenda.

Que terá o recendo das casas novas que tanto nos cautiva, verdade? Abrir a porta e deixarse envolver polo recendo da pintura recente, da madeira, dos barnices… unha emoción que estes días estamos compartindo con todos e cada un dos compradores durante as visitas programadas a cada vivenda, previas á súa entrega. O obxectivo de Casangular é solucionar calquera cuestión que pasase inadvertida ao control de calidade da empresa ou non sexa do gusto do cliente e que, baixo supervisión da Dirección Facultativa, será obxecto de reparación ou repaso antes da entrega da vivenda.

En definitiva, Casangular quere dar un servizo de atención personalizado a cada un dos clientes, acompañándolles a visitar cada unha das súas casas, facilitando a oportunidade de supervisar todas as estancias e equipamentos e comprobar que están en perfecto estado antes de escriturar. E, sobre todo, quere evitar as molestias que poderían producirse ante posibles incidencias que agora pasasen inadvertidas. En calquera caso, este chequeo de control non impide que unha vez ocupada a vivenda se poida reclamar calquera outra avaría ou problema que xurda, que estea suxeito á garantía que ofrece a Lei de Ordenación da Edificación (LOE).

Os compradores valoran moi positivamente este servizo diferencial de Casangular. Durante as visitas, que de forma intensiva se están realizando estes días, hai coincidencia xeralizada en recoñecer o valor práctico desta iniciativa. Fran, un mozo de Ribeira, é un exemplo deste agradecemento. Quedou encantado da visita que realizou ao seu piso agora que está todo rematado e que, por primeira vez, empeza a sentir cerca o momento de amoblar, decorar e crear ao seu gusto o seu primeiro fogar. O seu soño é atopar traballo en Santiago onde viven moitos dos seus amigos e colegas. Por iso, elexíu Milladoiro como a localización máis axeitada ás súas expectativas. A cercanía a Compostela, a boa relación calidade-prezo, as prestacións extras e a eficiencia enerxética son algunhas das razóns que axudaron a Fran a tomar a súa decisión.

Durante a visita, Fran observa, mira, comprueba… Persianas, grifos, armarios empotrados, mampara… No salón. Nos baños. Nos dormitorios. Na cociña… Abre o lavavaixelas e aínda non sae da súa sorpresa vendo que forma parte do completo equipamento de electrodomésticos co que se entregan as vivendas.

Agora Fran conta os días que faltan para dar o seu toque personal a cada estancia. A cada rincón. Como fan en cada visita o resto de propietarios de Casas do Amilladoiro.