“Deseño contemporáneo, moderno pero sobrio, con especial atención ás solucións térmicas e acústicas”, así define 2C ARQUITECTOS as nosas vivendas

O estudo 2C ARQUITECTOS, de Santiago de Compostela,  é o responsable do deseño arquitectónico das vivendas de Casas do Amilladoiro. Acumula unha longa experiencia profesional, da que hai pegadas en numerosos edificios e intervencións urbanas na capital de Galicia e noutras localidades da comunidade. As intervencións na rúa do Sar para o Consorcio de Santiago ou a reforma do envolvente do hospital provincial de Conxo, con criterios de modernización e sostibilidade, son algúns dos proxectos asinados por 2C na cidade. Tamén teñen a autoría arquitectónica do IES do Milladoiro, que gañaron por concurso, e máis dunha decena de traballos na Ría de Arousa. Entre os máis representativos, o mercado de Ribeira, a lonxa ou a estación marítima de Vilanova, que recibíu dúas mencións especiais nos premios Egurtek 2014 nas categorías de Edificación e  Madeira local e foi seleccionada nos premiosEnor do pasado ano.

2C ARQUITECTOS son Silvia Diz e Angel Cid. Con el falamos nesta entrevista dos criterios cos que o estudo deseñou as vivendas de Casas do Amilladoiro.

Cales son as características diferenciais destas vivendas dende o punto de vista arquitectónico?

No estudo afrontamos o proxecto cos criterios de máximo rigor e máxima seguridade, co obxectivo de dar satisfacción a un amplo abano de realidades, porque a demanda é moi heteroxénea nunha promoción de 48 vivendas. E todo, con moita profesionalidade, coa mellor calidade, asegurando un bo produto no entorno no que estamos. O principal reto que nos plantexamos cando asumimos o proxecto foi dar satisfacción a unha demanda moi diversa e tratar ata os máis mínimos detalles cun criterio de calidade, para que todo luza, ata o que no se ve.

Ás veces, en arquitectura, o esencial é invisible aos ollos. Por exemplo, detalles de solucións térmicas ou acústicas que para 2C son primordiais. Por qué dan tampa importancia a eses aspectos?

É certo que temos especial coidado cos temas acústicos e térmicos, coa adopción de solucións que garantan a eficiencia enerxética das vivendas, evitando pontes térmicas, porque aínda que son cousas que pasan desapercibidas á vista, se non están ben resoltas en orixe logo se sofren as consecuencias. Somos moi esixentes con cousas que non se ven. A nós impórtanos tanto o que se ve como o que non se ve, porque entendemos que é a forma de asegurar a calidade e o confort de vida que agardan as persoas que compran as nosas vivendas.

E todo isto é posible porque tanto o desenvolvemento do proxecto como o seguemento da obra faise por un equipo moi experimentado e solvente de arquitectos, enxeñeiros e aparelladores. Neste caso, a isto engádese a experiencia e profesionalidade do constructor Vicente García Porto, o que nos permite acreditar a calidade do produto construido.

E pasando agora ao que se ve, como define a arquitectura de Casas do Amilladoiro?

É un deseño arquitectónico de linguaxe moi contemporánea, moderno pero sobrio. Posiblemente, unha das maiores singularidades e puntos diferenciais de Casas do Amilladoiro radica na importancia que lle damos ás zonas comúns. Por exemplo, o salón social que incluimos, seguindo un modelo moi habitual nos países nórdicos. Un espazo pensado como complemento da propia vivenda, para desafogo das familias, que poden organizar e celebrar nel as súas festas, reunións de comunidade, cumpreanos dos máis pequenos ou calquera ocasión para ver un evento deportivo.

Cremos que, ben xestionado pola comunidade, este é un recurso estupendo, diferencial, que moita xente bota de menos nas súas actuais vivendas. Por iso, é un valor engadido que nós quixemos primar en Casas do Amilladoiro.

 

Ser a única promoción de vivenda nova e o compoñente innovador do proceso constructivo, claves do éxito de Casas do Amilladoiro, en opinión dos expertos de Foro Consultores

En Galisim, gústanos traballar con profesionais de gran experiencia. Por iso, confiamos a comercialización das nosas vivendas a Foro Consultores Inmobiliarios, a empresa comercializadora de vivendas máis importante de España. Con sede central en Madrid, conta con dúas oficinas en Galicia, localizadas en Vigo e A Coruña.

Como credenciais, basta sinalar que Foro Consultores leva dúas décadas no mercado. Gran parte dese periodo, comercializando vivendas para as máis grandes promotoras de España, cotizadas no IBEX. Despois, aló polo ano 2008, cando a crise empezou a amosar a súa faciana máis preocupante, deron un golpe de timón a tempo e reorientaron os seus servizos cara o novo escenario, “asesorando ás entidades financeiras que naquel momento se fixeron cun gran activo de vivendas pero descoñecían o sector inmobiliario, polo que eran grandes tributarias do noso coñecemento de asesoría e comercialización inmobiliaria”. Así resume Luis Conde, director da delegación de Galicia e Asturias de Foro Consultores, o pasado recente da traxectoria da compañía.

Despois, a partir do ano 2014, voltou reaparecer no escenario o promotor profesional do sector, o operador privado que de novo ve oportunidades de negocio, concibidas cun criterio estrictamente profesional. Dende entón, segundo nos explica Conde, “o sector está nun proceso de melloría lento, pero continuado, tanto que este ano podemos decir que o crecemento é xa evidente”.

Por poñer números á recuperación, Foro Consultores comercializou en Galicia en 2013 preto de 500 vivendas. E no que vai de 2015 xa ten superado as 800 vivendas. É decir, en tan só dous anos vaise producir un crecemento do 100% da venda inmobiliaria na comunidade.

E nese contexto económico de reactivación do proceso de compra, Casas do Amilladoiro puxo en mans de Foro Consultores a comercialización das súas vivendas, un proxecto que foi asumido “polo seu gran atractivo”, en palabras de Luis Conde, que explica para o noso blog as razóns deses alicientes da promoción.

Cales son os factores que fan tan atractiva, na súa opinión de experto, a promoción Casas do Amilladoiro?

Realmente é un proxecto constructivo moi atraínte dende dous puntos de vista. Por unha banda, porque no Milladoiro non hai stock de vivenda de obra nova e, por outra, porque incorpora un importante compoñente innovador, no que priman a calidade dos materiais e a tecnoloxía como valores diferenciais.

Cómo é o perfil da demanda de Casas do Amilladoiro?

O Milladoiro é unha cidade dormitorio, pero con grandísimos servizos e infraestruturas. Polo cal, convírtese nun lugar ideal de residencia para dous grandes grupos, por un lado, para familias con fillos que queren optar a unha casa de 3 dormitorios a un prezo razonable, e por outro, para parellas novas que inician a súa vida en común e buscan vivendas novas, confortables, de 2 dormitorios. E, por fortuna, Casas do Amilladoiro da resposta a ese dobre perfil de demanda, unha resposta moi ben valorada, a xulgar polo ritmo de visitas á oficina de vendas e reservas de vivendas.

Cómo vai este ritmo de visitas e consultas á oficina de vendas?

Pois na oficina de vendas trabállase a velocidade de cruceiro. Como comentabamos antes, o entorno é moito máis optimista que hai uns anos, os bancos empezan a facilitar de novo hipotecas e, como resultado dese novo escenario económico e social, recibimos cada vez máis visitas, estamos aproxidamente nun cento ao mes. Ademais, hoxe en día as novas tecnoloxías permiten que a xente teña xa comparado e pensado a vivenda que quere, polo que as persoas que nos visitan teñen a idea xa moi madurada e a decisión de compra representa unha porcentaxe moi significativa.

E cantas vivendas hai xa reservadas ou vendidas?

Pois xa está vendido o 50% do primeiro portal, de xeito que xa temos a mitade da comunidade de propietarios.

.

 

 

 

Hoxe é un día importante para todo o equipo de Casangular, porque finalmente damos visibilidade na rede á nosa promoción do Milladoiro, que cun notable éxito comezou a súa andaina hai algo máis de dous meses.

Esta web quere reflectir un estilo singular e diferencial de facer as cousas, un estilo coidado e propio. Queremos que os nosos proxectos fagan realidade as casas que algún día soñastedes, pensadas cun criterio de confortabilidade para garantir a calidez do fogar.

Esta vai ser una fiestra informativa para contar como vai a obra, en que fase estamos, se instalamos xa a grifería ou se o carpinteiro empezou a montar as portas da túa habitación.

Pero queremos ir máis aló, de xeito que este lugar virtual permita novas funcionalidades, algo máis que a opción de seleccionar unha vivenda. Imos facer del un punto de encontro para conectar cos nosos clientes e ofrecerlles unha plataforma que o día de mañá sirva tamén para xestionar os seus espazos comúns ou descargar os arquivos do súa Comunidade de Propietarios.

E tamén queremos vestir a nosa web coas cores da nosa marca,

Unha marca que representa os nosos valores corporativos, os que caracterizan a nosa empresa: transparencia, compromiso, innovación e profesionalidade.

Unha marca referente dunha nova forma de facer promoción inmobiliaria, construíndo casas, lugares para vivir.

Agardo que este ilusionante inicio convirta este espazo virtual compartido na antesala da túa próxima vivenda.

Un cordial saúdo,

José Mª Rodríguez Santalices
jmrodriguez@casangular.com
Director