Unha das vantaxes de vivir no Milladoiro é poder beneficiarse dos programas municipais de conciliación, que fan da localidade unha das máis proactivas de Galicia neste eido. En moitas casas, as obrigas laborais dos pais e nais fan moi difícil conciliar o traballo co coidado dos pequenos, especialmente en periodos de vacacións. Por iso, o Concello de Ames pon en marcha un ano máis o programa de conciliación familiar Xuño Lúdico, a través do cal se ofrecen actividades lúdicas e culturais para escolares durante os últimos días de xuño.

Ata o vindeiro 5 de maio está aberto o prazo de inscrición en Xuño Lúdico, un servizo destinado a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria que se desenvolverá no Milladoiro do 26 ao 30 de xuño, de 7.30 a 16.00 horas.

Este programa, dirixido a escolares entre 3 e 12 anos, ofrece unha alternativa para ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo durante as vacacións escolares, facilitando a conciliación da vida laboral e familiar.

As persoas interesadas poden pasar pola oficina municipal do Milladoiro para a recollida e entrega da documentación, en horario de 9.00 a 14.00 horas. As follas de inscrición tamén se poden descargar na sección de Avisos da web municipal.
Iniciativas como Xuño Lúdico sitúan a Milladoiro como una das localidades de Galicia máis comprometidas coas medidas de conciliación, facilitando ás familias con fillos menores a atención destes en periodos vacacionais. Ese factor resulta determinante para moitas familias á hora de decidir comprar casa, de feito, mentres que a poboación que rodea Santiago está estancada, a do Milladoiro crece de manera sostida desde o ano 2010, segundo os datos oficiais de evolución demográfica de Galicia.

O prezo da vivenda libre sube un 4,7% en 2016, o maior repunte desde 2007
O crecemento sostido do prezo da vivenda desde 2104 revela que estamos nun bo momento para comprar. O prezo da vivenda libre subíu unha media do 4,7% en 2016 respecto ao ano anterior, sendo o repunte máis elevado desde o exercicio 2007, segundo o Índice de Prezos de Vivenda (IPV) do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicado o pasado 22 de marzo.
Datos para o optimismo, tendo en conta que entre 2008 e 2013 o prezo da vivenda libre rexistrou descensos anuais de distinta intensidade, que foron desde o 1,5% en 2008 ao 13,7% en 2012. E non foi ata 2014 cando o prezo voltou a taxas positivas, cun repunte anual medio do 0,3%.
Este incremento de prezos en 2016 producíuse en todas as comunidades autónomas, sendo os aumentos máis pronunciados en Madrid (+8,6%) e Cataluña (+7%), e os menores repuntes en Castela-A Mancha (+0,8%) e Castela e León (+1,1%).
A publicación destos datos coincide co informe de Eurostat, segundo o cal España é o país da antiga UE-15 co maior porcentaxe de vivendas en propiedade que, segundo as estatísticas correspondentes a 2015, chega ao 78,2%.
Esta porcentaxe supera a media europea, que se sitúa en case un 70%, aínda que con grandes diferencias entre países. En Rumanía a vivenda en propiedade corresponde ao 96,4% dos casos, mentres que a cifra está claramente por debaixo do 60% en Austria e Alemania, donde o mercado de aluguer está moi extendido.

O director de Casangular, acompañado polo constructor e o arquitecto de Casas do Amilladoiro, celebrou esta mañá unha xuntanza co director comercial e o xefe técnico de asistencia de Ferroli para o noroeste peninsular, ao obxecto de solucionar definitivamente os desaxustes producidos no funcionamento das caldeiras, prescritas e colocadas correctamente. Os responsables de Ferroli expresaron nesta xuntanza a súa plena disposición a poñer os medios técnicos para a correcta regulación das caldeiras ata asegurar o seu axeitado rendimento.

As caldeiras instaladas son de Ferroli, un fabricante de longa traxectoria e recoñecemento internacional e de ampla implantación e distribución en Galicia, que cumpre estrictamente coa normativa tanto nacional como autonómica. O propio fabricante Ferroli incorpora nestas caldeiras un “accesorio opcional solar” consistente nunha plantilla hidráulica con válvula mezcladora termostática incorporada.

Desde o primeiro momento no que se tivo coñecemento desta incidencia e ao obxecto
de subsanala á maior brevidade, Casangular solicitou a Ferroli a presenza dun equipo de técnicos da compañía que nos últimos días está xa a traballar intensivamente para correxir individualmente en cada unha das caldeiras as actuais oscilacións da temperatura da auga. De feito, o grupo de caldeiras que foron sometidas ás útlimas regulacións realizadas ao longo da semana pasada quedaron nunha situación de funcionamento satisfactoria.

O director de Casangular reunirase o vindeiro luns, día 13 de marzo, coa presidenta da comunidade de propietarios para trasladarlle información completa sobre as últimas xestións efectuadas, dirixidas a subsanar estas incidencias detectadas.
Por outra banda, Casangular ven de presentar unha reclamación ante Gas Natural Fenosa para axilizar o proceso de legalización ante Industria do transformador do edificio número 13, aínda pendente desta tramitación. Entre tanto, os propietarios de vivendas dese portal están a consumir electricidade de obra, unha medida adoptada por Casangular, cuxo custo asume, para garantir o servizo ata que Fenosa solucione os trámites pertinentes.

Os inversores exprimen ao máximo o mercado da vivenda, tanto que no segundo semestre de 2016 as compravendas realizadas como investimento acadaron o 28,08%, superando o 24,65% do ano anterior, segundo o informe do Grupo Tecnocasa, elaborado pola Universidade Pompeu Fabra (UPF) de Barcelona en base a datos reais das transaccións finalizadas. É dicir, un de cada tres compradores é inversor, que decide a operación atraido por unha alta rendabilidade anual, superior ao 6,9%, ao poñer a vivenda en aluguer.
O mercado está nun momento de consolidación, segundo declaracións de José García-Montalvo, catedrático de Economía da UPF e coordinador do informe. “A xente está comprando porque nos atopamos nunha situación de prezos atractivos”, sinala o catedrático. E polo temor a que as cousas cambien.
A hipoteca media situouse no segundo semestre de 2016 en 97.348 euros, un 6% máis que no mesmo periodo do ano anterior, pero un 54% máis baixa que a concedida en 2007, cando o préstamo medio foi de 185.000 euros. Deste xeito, o abaratamento das hipotecas levou a que a cota mensual actual sexa de 365 euros, cando no ano 2007 era de 976 euros mensuais.
Esta circunstancia prodúcese polos baixos tipos de interese que no segundo semestre do ano se situaron no 1,42% de media (euribor máis diferencial). E tamén polo peso que están gañando as hipotecas a tipo fixo.
O perfil do comprador de vivenda con hipoteca ten entre 25 e 44 anos e o 80% ten contrato indefinido. A maior porcentaxe das compras realízase para mellorar a vivenda actual, sendo minoritario o grupo de compradores que accede por primeira vez a unha vivenda en propiedade.

O número de hipotecas constituidas sobre vivendas inscritas nos rexistros da propiedade situouse en 25.413 o pasado mes de novembro, o que representa un 32,2% superior sobre o mesmo mes de 2015, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Con esta subida interanual en novembro, a sinatura de hipotecas encadena catro meses de ascensos consecutivos tras repuntar un 6,4% en agosto, un 10% en setembro e un 16,8% en outubro.

O importe medio das hipotecas constituidas sobre vivendas foi en novembro de 109.785 euros, un 1,8% máis que o mesmo mes de 2015, mentres que o capital prestado subiu un 34,5% en taxa interanual, ata superar os 2.789 millóns de euros.
En taxa mensual (novembro de 2016 sobre outubro do mesmo ano), as hipotecas sobre viviendas incrementaronse un 12,5%, o seu maior repunte dos últimos cinco anos, mentres que o capital prestado subiu un 12,3%, rexistrando tamén o seu maior aumento dos últimos cinco anos.
Nos once primeiros meses do ano pasado, a sinatura de hipotecas sobre vivendas acumulaba un repunte do 14,6%, con incrementos do 17,8% no capital prestado e do 2,8% no importe medio.